top of page

HISTORIAS POR
CONTAR
Último artigo
Profesor, político e economista, Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936) tamén destaca pola súa faceta literaria. Autor de numerosos ensaios e tradutor de diversas obras, principalmente, de autores franceses. Nas últimas semanas vén de concluír a tradución de Adolphe, de Benjamin Constant, e agora baralla mergullarse en L'Exil et le Royaume, de Albert Camus. Baixo o título A desfeita, presenta o venres, 6 de marzo de 2020, no Auditorio Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal a súa achega ao galego de La Chute, un dos libros máis célebres de Camus, saído do prelo en 1956, un ano antes de que lle concedesen o Nobel de Literatura.
bottom of page